Wednesday 15 de May de 2024

Axenda do 17 de xuño de 2023 en Narón


Sábado 17 de xuño de 2023

Actividade: Conferencia: “Saúde mental na actualidade: invalidación, esixencia e positivismo tóxico
Hora: 11.00
Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

A psicóloga Paula Marín será a encargada de pechar o ciclo de conferencias organizado polo Concello no marco do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental: “A saúde mental é cousa de todos e todas”. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Actividade: “V Bandeira Cidade de Narón”
Hora: 16.45
Lugar: Enseada da Gándara

Uns douscentos deportistas de doce clubs galegos participarán neste evento deportivo organizado polo Concello e o Club de Remo Narón.

Actividade: Recreación da Lenda da Pena Molexa
Hora: A partir das 18.00 horas
Lugar: Inmediacións do centro cívico social do Val e da Pena Molexa

O Concello e a AVV “Os Irmandiños” do Val conmemorarán con varias propostas os actos centrais da Recreación da Lenda da Pena Molexa. Xogos populares, unha churrascada popular, os concertos de Treixadura e a música popular coa Charanga Alxibeira completan as propostas que se desenvolverán xunto coa propia Recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa, ás 00.00 horas.